Mural para acción “Aquí antes había un muiño” con la librería Galgo Azul
Mural para a acción “Antes aquí había un muiño” levada a cabo pola Librería Galgo Azul.
Más información: O proxecto “Aquí antes había un muíño” -presentado polo Galgo Espazo Cultural- foi un dos escollidos pola Deputación de Cultura da Coruña para recibir un dos galardóns do Fondo de apoio a proxectos culturais singulares para a mellora social.
A iniciativa “Aquí antes había un muíño” xira en torno ao antigo muíño da Gramela, símbolo da Agra do Orzán durante dous séculos, co obxectivo de rescatar as historias esquecidas e implicar á veciñanza na posta en valor da historia e do patrimonio común. A través dunha ampla programación —murais artísticos, obradoiros, faladoiros, roteiros e mesmo unha exposición—, o proxecto promove a participación e a memoria colectiva de persoas de todas as idades e orixes.
Alma do barrio. 2025
Muro do mercado das Conchiñas
A inspiración xorde dos obradoiros da memoria no Galgo Azul, onde a lembranza do antigo muíño reviviu en cada conversa. Alí, a veciñanza evocou aquel lugar que, durante décadas, foi punto de encontro e fío que entrelazaba as vidas do barrio. E, malia que o muíño xa non forme parte da paisaxe da Agra do Orzán, a súa alma permanece presente.